500 MB, a compensación de R pola incidencia masiva

O pasado sábado R sufríu unha incidencia masiva que mantivo desconectados aos clientes con servizos de Internet, tanto nos produtos fixos (directos e indirectos) como a través do móbil. A incidencia tivo se cadra maior repercusión para a xente que ten contratado todas as comunicacións coa compañía galega, xa que quedaron sen alternativa de conexión.

Logo de 6 días sen información oficial sobre a incidencia ou as compensacións, sacando confirmacións de que “habería compensacións” esgrimidas polas redes sociais á xente que lles preguntou especificamente, os clientes de R están comezando a recibir un correo no que se lles informa de que poderán pedir 500 MB gratuítos nas súas liñas móbiles polas molestias.

R compensacion

A medida aplicarase como unha estensión gratuíta do plan de datos contratado, que os clientes poderán disfrutar unicamente neste ciclo de facturación, é dicir, até o 19 de novembro. Se entendemos que o lóxico é que as persoas teñan contratados plans de datos axustados aos seus consumos, salvo casos excepcionais nos que se superen os datos, a compensación non ten sentido. Pero ademais este amaño non é automático, senón que ten que ser o cliente quen o solicite manualmente.

Na comunicación que R envía aos seus clientes non informa se esta “compensación” é a única que ten previsto facer de oficio ou se é paralela a unha económica, pero visto que non se menciona o que cabe esperar é que esta última non se vaia facer a menos que se solicite.

A lexislación actual establece o dereito a exixir unha compensación económica polo tempo que durase a avaría, que corresponde coa devolución do prezo do servizo, prorrateado polo tempo que durou a interrupción. Para facer o cálculo desta cantidade debemos ter en conta todos os servizos contratados coa compañía que teñen Internet (se só temos Internet fixo, se tamén temos móbiles…), sumándoos todos para obter o cálculo total.

A reclamación pode presentarse por varias vías (postal, correo electrónico, telefónico…) durante o mes natural seguinte á data da incidencia. A nosa recomendación é empregar a vía telefónica, solicitando o número de incidencia asignado á nosa reclamación para poder comprobar a evolución da mesma.

Sobre o autor

Reply