OnePlus aposta pola gama media co OnePlus X

OnePlus quere ir un paso máis aló da gama alta que representa o seu buque insignia (o OnePlus 2) conquistando a gama media cun novo trebello, o OnePlus X. Novamente a compañía chinesa aposta por unha boa relación calidade – prezo, o que fai que a ollos europeos falemos de cantidades moi asumibles.

oneplus x - 1

O OnePlus X incorpora unha pantalla de 5 polgadas con resolución FullHD (1920 x 1080). No interior temos un procesador SnapDragon 801 a 2,3 GHz, 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD). A cámara principal, fabricada por Samsung, é de 13 megapíxeles con f/2.2, e a frontal de 8 megapíxeles.

A súa autonomía vén dada por unha batería de 2525 mAh, emprega tarxeta microSIM e é compatíbel coas redes 4G-LTE. No que ten a ver co sistema operativo emprega Android 5.1 Lollipop con Oxygen OS, aínda que proximamente vai ser actualizado a Marshmallow.

oneplus x -3

Estará dispoñíbel en dúas versións: o OnePlus X Onyx chegará o 5 de novembro por 269 €, mais a partir do 24 de novembro tamén haberá unha versión acabada en cerámica por 369 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply