Desde xa mesmo podemos desfrutar do Trivial Pursuit & Friends, o popular xogo de preguntas temáticas que agora está dispoñíbel nos nosos smartphones de forma oficial.
A aplicación ten un punto moi social, pois podemos competir cunha listaxe infinita de xogadores, ir subindo de nível e tendo unha táboa de éxitos que cubrir, o que fai que con cada resposta queiramos superarnos. Ademáis contamos con varios métodos de xogo:
- Duelo: para xogar partidas contra outro rival demostrando o noso saber.
- Blitz: desta volta podemos xogar até con 4 xogadores.
- Eventos: para participar nun concurso semanal.
Ademáis para non perder un intre, podemos xogar varias partidas a un tempo con diferentes xogadores. Tamén temos que ter en conta que dispomos de opcións de axuda nas partidas, como poden ser eliminar dúas respostas incorrectas, pedir a resposta máis votada pola xente para axudarnos a decidir, ou engadir tempo se unha resposta non nos sae.
Sen dúbida a mecánica do xogo non ten segredos e o mellor e probalo baixando o xogo desde esta ligazón á Google Play, pois é de balde.