Desta volta queremos achegarvos unha app que se chama Scruff que serve para coñecer xente e que está especialmente dirixida á comunidade gay.
A primeira vez que usamos esta aplicación debemos aceptar as condicións de uso, que deixan moi claro que non están permitidas as imaxes explícitas, a pornografía nin a prostitución. Unha vez deixados estes puntos claros, e para comezar a filtrar usuarios, podemos seleccionar o tipo de rapaces que máis encaixa cos nosos gustos: universitarios, deportistas, osos, frikis,…
Logo destes primeiros pasos pola aplicación, Scruff preséntase coma calquera rede social destinada a coñecer xente nova: creas un perfil cos teus gustos e preferencias e pouco a pouco vas percorrendo a base usuarios (previamente filtrada); cando atopas algún rapaz que che interesa, entras no seu perfil onde podes ver as súas preferencias, gustos, pasatempos, … e, se che interesa, ao final podes indicalo. Só queda agardar para ver se o usuario fai o mesmo, xa que nese caso a app lanzará un aviso.
Ademáis no perfil do usuario que visitas, podes enviar mensaxes directos, marcar como favorito ou solicitar ver o álbume de fotos privado.
Máis aló das citas
O que marca a diferenza con outras aplicacacións de citas é Scruff Venture, a posibilidade de conectar con persoas doutras cidades, pensando naqueles usuarios que están a planear unha viaxe. Deste modo poderemos ser embaixadores da nosa cidade (persoas que están abertas a aconsellar sobre un sitio) ou indicar que somos usuarios de Airbnb, o servizo de alugueiro de cuartos entre particulares, entre outras funcións.
Scruff é unha aplicación que xa ten ao redor de 5 millóns de usuarios polo mundo e se estades interesados nesta app, só tedes que premer nesta ligazón para descargala de balde desde a Play Store.