Parchi, a app para tomar notas de Microsoft

Hoxe queremos achegarvos unha aplicación para tomar notas desde os nosos dispositivos Android que se chama Parchi. Esta aplicación ten unha particularidade que é que foi realizada por Microsoft Garage, a división de desenvolvemento de proxectos diferentes da empresa americana.

parchi-interfaz

Con Parchi poderemos tomar notas de texto e gardar imaxes ou ligazóns dun xeito rápido e sinxelo para que non se nos escape ningún detalle do noso día a día. Ademáis estas notas podémolas organizar por cores e mesmo engadir filtros ou etiquetas. Como non pode ser doutro xeito, estas notas podémolas compartir ven sexa por email coma calquera outra app, coma Whatsapp ou SMS’s.

Na nosa opinión é unha boa opción se andades a buscar este tipo de aplicacións pero que non o vai ter doado no ecosistema Android, pois xa existen moitas aplicacións nativas nas capas de personalización coa que contan os nosos terminais e pesos pesados coma por exemplo Google Keep ou Evernote.

Se estas interesadas en probar Parchi, nesta ligazón á Google Play podedes descargala de balde.

Sobre o autor

Reply