Vodafone vén de anunciar que os clientes que contraten fibra poderán beneficiarse de forma totalmente gratuíta do servizo de xogo en liña PlayStation Plus durante un ano, grazas a un acordo asinado entre as filiais españolas de Sony Computer Entertainment e Vodafone.
Poderase optar a esta oferta até o 31 de decembro, sendo os posíbeis beneficiarios os clientes actuais ou novas altas (tanto particulares coma PEMES) que contraten Vodafone Ono 300 Mbps, ou para aqueels que cambien o ADSL a fibra 300 Mbps.
A oferta está encamiñada a que as clientas de Vodafone poidan sacar partido da latencia e a velocidade de conexión que ofrece o servizo de fibra. Ademais da opción multixogador, a suscrición a PlayStation Plus inclúe 24 xogos ao ano sen coste adicional para a PlayStation 4 (PS4) e a posibilidade de competir nos torneos de e-sports a través da Liga Oficial PlayStation en calquera plataforma e pantalla (TV, móbil e PC).