Orange Dive 70, outro gama media económico

Orange vén de engadir ao seu catálogo de terminais un novo trebello de marca branca, o Orange Dive 70, un dispositivo con pantalla de 5 polgadas e Android 5.0 Lollipop fabricado por Huawei.

As especificacións do terminal son os dun gama media – baixa, aínda que con capacidades 4G para poder navegar a velocidades de até 150 Mbps. Ten unha pantalla de 5 polgadas con resolución HD (1280 x 720 píxeles, 294 ppp) e no seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 210, de catro núcleos a 1,1 GHz, 1 GB de RAM e  8 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

orange dive 70 - 1

A cámara principal é de 8 megapíxeles, con flash LED, mentres que a frontal queda nos 2 Mpx. Ten 2200 mAh de batería pode adquirirse libre e sen permanencia por 155 euros, que podemos ver reducidos até os 35 euros se o financiamos até en 24 meses asociándoo a varias tarifas da operadora laranxa.

O Orange Dive 70 é un terminal sinxelo que pode ser abondo para usuarios cun perfil pouco activo. Para facerse con el non hai máis que visitar a tenda en liña da operadora.

Sobre o autor

Reply