Xa está á venda o iPad Pro, desde 899 €

En setembro, xunto aos novos iPhone 6S e iPhone 6S Plus, Apple anunciou o iPad Pro, a última tablet da compañía de Cupertino, que aspira a sustituír en grande medida os portátiles e netbooks.

O trebello incorpora unha pantalla de 12,9 polgadas e resolución 2732 x 2048 píxeles, e no seu interior alberga un procesador A9X, con arquitecutra de 64 bits de terceira xeración, que segundo anunciou Apple durante a presentación ten o rendemento dunha CPU de sobremesa e os gráficos dunha consola.

ipad pro - 2

Existen versións atendendo á capacidade da memoria interna, 32 ou 128 GB. Ten dobre cámara, a principal unha iSight de 8 megapíxeles e a frontal unha HD de 1,2 megapíxeles orientada a Facetime, sensor TouchID, WiFi con tecnoloxía MIMO e batería que ofrece até 10 horas de autonomía. Tamén existe unha versión con LTE para as persoas que precisan maior conectividade.

ipad pro - 1

O iPad Pro tamén conta cun deseño coidado, con corpo unibody de aluminio dispoñíbel en gris, prata ou dourado, así como cun grosor e peso axustados: 6,9 mm e 710 gramos, respectivamente.

Ponse á venda por 899 € (versión 32 GB e só WiFi), 1079 € (versión 128 GB e só WiFi)  ou 1299 € (128 GB e conexión LTE). En canto aos accesorios, o lapis Pencil custa 109 €, o teclado 179 € e as fundas entre 69 e 89 €. Xa están dispoñíbeis na Apple Store.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Diego 12 Novembro, 2015 Responder
    • Iago Varela Martínez 12 Novembro, 2015 Responder

Reply