Beats Music pechará o 30 de novembro

En maio de 2014 Apple fixose coa empresa musical Beats por uns 3000 millóns de dólares, na que foi unha das maiores operacións financieiras da compañía na era post Steve Jobs. Ademais dos sonados (e polémicos) auriculares, Beats contaba cun servizo de reprodución musical, Beats Music, que Apple ten previsto pechar o vindeiro 30 de novembro.

Primeiramente a compañía de Cupertino asumiu este servizo como propio, mais coa aparición de Apple Music (que a semana pasada chegou tamén a Android), deixa de ter sentido manter o desenvolvemento de dúas ferramentas semellantes. 

As usuarias de Beats Music poderán migrar os seus perfís e preferencias a Apple Music, de maneira que o cambio será menos traumático. Ademáis manterán de balde a estación de radio Beats 1, aínda que non contraten a suscrición mensual de Apple Music, que como lembraredes custa 9,99 €.

Sobre o autor

Reply