Ponse á venda o Chromebit nos EEUU, proximamente no Estado español

Coñecémolo en marzo, pero desde dentón non soubemos nada máis del. Falamos do Chromebit, un trebello fabricado pola taiwanesa Asus que leva ChromeOS a calquera pantalla que teña unha entrada HDMI, como poden ser os propios televisores.

Grazas a el as usuarias poderemos ter un ordenador que cabe no noso peto e que nos permitirá levar a cabo calquera cousa que poidamos facer desde un navegador web, pois como lembraredes de cando analizamos diversos Chromebooks, ChromeOS é un sistema operativo moi limitado, xa que está orientado a traballar na nube.

Centrándonos no hardware, o dispositivo integra un chipset de Rockchip, con CPU de catro núcleos e GPU ARM Mali-760, acompañados de 2 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna e diversas conectivdades (WiFi, Bluetooth 4.0 LE e USB 2.0).

Polo de agora está á venda nos EEUU en tres cores por 85 dólares (uns 80 euros), mais está previsto que en breve chegue a outros países, como España, Reino Unido, Suecia ou Xapón.

Sobre o autor

No Responses

Reply