Xa podemos pagar co móbil a ORA na Coruña

Se vivides na Coruña ou visitades a cidade con asiduidade, desde xa mesmo poderedes pagar o estacionamento do voso coche nas zonas azuis (ORA) a través dunha aplicación chamada e-park.

Con e-park, xa non temos que depender dun parquímetro físico para pagar o tempo que precisemos ter o noso coche estacioando ou se queremos renovar ese tempo, pois a aplicación vencéllase a unha tarxeta bancaria.

Para poder usala deberemos recargar na aplicación cun mínimo de 5€, e podemos contratar o servizo en fraccións de 5 en 5 céntimos. Ademáis, esta aplicación non é de uso exclusivo na cidade da Coruña polo que se imos a outra cidade na que funcione este servizo, poderemos facer os pagos desde a mesma aplicación.

A app é moi completa, pois nos permite establecer alarmas para evitar que se nos pase o tempo e así non teremos que pagar algún tipo de sanción. Se chegamos tarde e un dos operarios ponnos unha sanción, a app avisaranos desa situación e sempre que sexa posíbel, dará a posibilidade de anular dita sanción.

Tamén, no caso de precisar un xustificante do pago, e-park da a posibilidade de obter un vertificado dixital no que veremos o número de recargas, o ticket de anulación e por suposto unha copia do ticket de estacionamento.

Este é unha das principais novidades que aporta ao servizo a nova empresa que recentemente se fixo coa concesión, pero ademáis tamén teremos novos parquímetros na rúa Federico Tapia (a intención é ter funcionando 191 en menos de 2 meses) cos que podemos pagar coa tarxeta Millenium, meter a matrícula do coche, … Para facilitar o seu uso ás usuarias habituais, a máquina expenderá un código QR o cal teremos que pasar polo parquímetro no seguinte uso para rexistralo e así, non será preciso meter máis veces a matrícula do noso coche en máis ocasións.

Os novos parquímetros non estarán operativos ao 100% até que instalen a totalidade dos previstos. O que sí podedes facer e ir desacargando a e-park nesta ligazón á Play Store, onde a podemos instalar de balde.

Sobre o autor

Reply