Lowi permite compartir megas entre as usuarias

Lowi, a operadora low cost de Vodafone, vén de anunciar unha importante novidade que se suma á posibilidade de acumular os megas non consumidos na tarifa de datos: poder compartilos con que nos apeteza. Este movemento lémbranos a unha opción semellante de traspaso de saldo entre liñas, algo que ofreceron as grandes compañías practicamente desde o comezo.

lowi megas - 2

Compartir megas con Lowi é bastante sinxelo: debemos acceder á área persoal desde a web ou a aplicación e seleccionar a cantidade que queremos enviar dos datos que teñamos dispoñíbeis, aínda que unicamente poderemos facelo en bloques de 200 MB até un máximo de 5 GB. Deste xeito poderemos sacar dun apuro ás nosas amizades que teñan Lowi, porque ademais o servizo é totalmente gratuíto.

Lowi caracterízase por ter unha tarifa moi sinxela: 6 € / mes por 1 GB de datos, con chamadas a 0 céntimos (só se paga o establecemento, 18,5 cént/chamada). A partir de aí, poderemos personalizar a tarifa como queiramos a razón de 1 € / 200 MB extra ou navegar a velocidade reducida. Os megas non consumidos, acumúlanse mes a mes.

Sobre o autor

Reply