Así é o novo Ulefone Be Touch 3

Tres meses despois de presentar o Be Touch 2, Ulefone vén de anunciar o Ulefone Be Touch 3, un terminal que goza desa boa relación calidade – prezo que buscamos as usuarias, sobre todo cando pensamos en gastar os nosos cartos nun novo smartphone.

ulefone be touch 3 -2

O terminal conta cunha pantalla de 5,5 polgadas con resolución 1080p e protección Gorilla Glass 3. No seu interior temos un procesador firmado por MediaTek, o MTK6753, 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis con tarxetas microSD de até 64 GB.

No apartado fotográfico, a cámara principal é un sensor Sony IMX214 de 13 megapíxeles, mentres que a frontal queda nos 5 Mpx. Dispón dunha batería de 2550 mAh con sistema de carga rápida, lector de pegadas dixitais e vén con Android 5.1 – Lollipop, ademais dunha capa de personalización do fabricante.

ulefone be touch 3 -3

No que ten a ver cos acabados destaca a presenza do metal como un dos materiais principais, así como o uso de aristas totalmente redondeadas.

O Ulefone Be Touch 3 está xá á venda por 200 dólares, uns 187 euros ao cambio.

Sobre o autor

Reply