Hangouts xa funciona sen conta de Google

Para calquera app que pretenda ter éxito é preciso reducir ao máximo os pasos a seguir polas usuarias coa intención de que usen a nosa aplicación e non a da competencia. Neste senso, Google vén de dar un paso importante coa súa app de mensaxería e vídeo Hangouts, pois vai incorporar unha funcionalidade nova coa que xa non é preciso ter unha conta de Google para empregar esta app.

O proceso para ter unha conversa será o seguinte:

  • Os participantes da conversa reciben unha invitación de Google Calendar a través de calquera conta de correo, por exemplo, e cando se trata dun evento público non precisamos ter conta de Google para lelo.
  • Logo, os convidados introducen o seu nome para entrar á chamada.
  • Antes de comezar, o administrador autoriza (ou non) a súa particiación na mesma.

hangouts sen conta google

Na nosa opinión é un paso importante para extender o seu uso entre as potenciais usuarias, pero fáltanos por saber se é unha opción que vai estar presente só nas contas de traballo de Google ou pola contra chegará a calquera e dicimos isto, porque está novidade ven da man da equipa de Google for Work.

Sobre o autor

Reply