O Pepsi Phone P1 é real e xa se pode mercar na China

Cando a mediados de outubro soubemos que Pepsi tiña entre mans o desenvolvemento dun smartphone baixo a súa marca non tiñamos claro se se trataba dunha brincadeira ou unha campaña publicitaria. Agora, o Pepsi Phone P1 é real e oficial.

pepsi phone

O trebello, que conta con acabados metálicos, é un terminal de gama media esteticamente semellante a outros dispositivos chineses que unicamente ten o logotipo de Pepsi gravado na parte posterior. Conta coas seguintes especificacións:

  • Pantalla de 5,5 polgadas 1080p
  • Procesador MediaTek MT6592
  • 2 GB de memoria RAM
  • 16 GB de memoria interna (ampliábeis con microSD)
  • Cámaras de 13 e 5 megapíxeles
  • Batería de 3000 mAh
  • Dual SIM e LTE
  • Lector de pegadas dixitais
  • Android 5.1 – Lollipop con dido OS 6.1 custum UI

Pepsi-Phone-P1-P1s

O fabricante que está detrás do desenvolvemento deste smartphone é Shenzhen Scooby Communication Equipment Co., a través dunha campaña de micromecenado na China. As primeiras unidades, a 78 dólares, xa se venderon. Agora hai 1000 a 110 dólares e outras 1000 a uns 150 dólares; o prezo final será de 200 dólares.

Vía

Sobre o autor

Reply