Xa á venda o Nexus 6P

Desde comezos de mes xa podemos mercar o Nexus 5X fabricado por LG, mais agora chega o outro Nexus, lanzando en paralelo para disfrutar de Marshmallow; falamos do Nexus 6P de Huawei.

O trebello está orientado ao público máis exixente, a diferenza do modelo de LG, un dispositivo máis compensado e económico. O Nexus 6P ten uns acabados con corpo de metal e unha cámara que as primeiras probas sitúan en pé de igualdade coas mellores, que podemos atopar nos Galaxy S6 e no LG G4.

Nexus 6P - 2

A súa pantalla é un panel QHD de 5,7 polgadas e protección Gorrilla Glass 4. No seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 810, 3 GB de memoria RAM, 32 / 64 / 128 GB de memoria interna, cámara principal de 13 megapíxeles (Sony IMX230) e frontal de 8, 3450 mAh de batería, lector de pegadas dixitais e USB Type-C.

Por suposto, vén coa última versión de Android, 6.0 – Marshmallow, e pódese mercar en tres cores: prata, branco ou negro. En canto a prezos, a opción de 32 GB custa 649 €, a de 64 GB 699 € e a de 128 GB, que aínda non está dispoñíbel, 799 €.

Máis info: Google Store.

Sobre o autor

Reply