Xa é Black Friday en Amazon

Este venres celébrase o Black Friday, unha data de consumismo sen control en modo de ofertas que importamos dos Estados Unidos. Porén, son moitas as compañías que nos últimos anos están a ampliar ese período de rebaixas pre-Nadal para favorecer que as usuarias poidan facerse cos agasallos a prezos reducidos, entre elas Amazon.

A compañía norteamericana vén de pór en marcha o seu Black Friday, adiantándose con parte das 3500 ofertas que ten previsto lanzar estes días, un período que rematará o vindeiro luns, coñecido como Cibermonday.

Haberá que estar moi atentas, pois parte unha boa parte das ofertas serán flash, é dicir, terán tempo de caducidade reducido. Outras só estarán dispoñíbeis a través da aplicación móbil, como desculpa para a súa popularización, e outras moitas chegarán primeiro ás usuarias do servizo Premium (accedendo desde o banner da dereita desta páxina poderedes ter un mes deste servizo gratuíto 😉 ).

A cantidade de produtos que rebaixará Amazon este ano é sete veces maior ao ano pasado, e por vez primeira tamén se aplicarán a produtos de alimentación. Podedes comprobar todas elas nesta web.

Sobre o autor

Reply