Vodafone vén de anunciar o lanzamento dunha oferta vencellada ao Black Friday. Desde hoxe e até o 2 de decembro (ambos incluídos), tanto as clietnas actuais como as novas poderán disfrutar de 12 meses de balde (e sen compromiso) de Vodafone TV Esencial.
O servizo inclúe a oferta de canles máis básica, pero tamén todo o compendio de ferramentas da TV intelixente, que aprende dos gustos e dispón de control do tempo, podendo acceder a contidos xa emitidos e rebobinar o que estén a botar se nos perdemos algo ou queremos revisar.
Así mesmo, a Vodafone TV tamén permite disfrutar dos contidos en varios dispositivos, gravar até 3 canles ao mesmo tempo ou programar a gravación de toda unha serie para disfrutala cando queiramos.
Esta oferta pódese contratar tanto na tenda en liña como a través da rede de tendas físicas ou chamando ao 1444.