WhatsApp vén de recibir unha importante actualización que xa está dispoñíbel na Play Store, e que inclúe como novidades varias funcionalidades que foron aparecendo en diversas versións betas da app que se publicaron nas últimas semanas.
Entre eles están as mensaxes destacadas e a previsualización das ligazóns. A primeira delas permite marcar como favoritas as mensaxes que conisderemos, de tal maneira que se queremos consultalas máis adiante poidamos facelo sen ter que perdernos nun scroll infinito de mensaxes. Por outro lado, a previsualización de ligazóns é unha funcionalidade que nos permite, como ben di o nome, ter unha breve descrición do que imos compartir.
Así mesmo, a actualización tamén inclúe Direct Share, un xeito máis rápido de compartir cousas, malia que se trata dunha funcionalidade que só está dispoñíbel para as usuarias de trebellos que teñan Android 6.0 – Marshmallow, a estas alturas unicamente os novos Nexus.
A actualización irá chegando pouco a pouco a todos os nosos Android.
A previsualización de ligazóns hai meses que existe no Telegram, incluso podes previsualizar videos de Youtube. E o direct share está dispoñible nas canles, polo menos. Iso si, ambas cousas, como mínimo, a partir de Android 4.4.2, que é o que eu teño e versións superiores. Estas características tamén están na versión para PC (en Linux e Windows, polo menos, que son as que comprobei).
Está claro que os amigotes do guasá van aprendendo, e moitos témolo instalado só por certos grupos que necesitamos ver. Pero o Telegram paréceme moi superior en moitos aspectos.