A TVG e a G2, xa dispoñíbeis en Vodafone TV xunto outras 11 novas canles

Vodafone vén de anunciar a inclusión de 13 novas canles á súa oferta de televisión, das cales 4 están en alta definición real. Deste modo, Vodafone TV segue a liderar en emisión de canles en alta definición, con 65 canles na súa oferta.

A TVG e a G2 son dúas das novas frecuencias que xa se poden ver en Vodafone TV. Ademais, tamén hai acceso ás televisións autonómicas ETB HD, ETB1, ETB2, ETB3, TPA7, TPA8 e Canal Extremadora, así como a Nova HD, Neox HD, Mega HD e MTV España.

Todas elas inclúense no paquete Vodafone TV Esencial, polo que estarán dispoñíbeis para todos os clientes de televisión do operador. Iso si, os autonómicos só estarán accesíbeis nos territorios correspondentes.

Sobre o autor

Reply