Whatsapp bloquea ligazóns de Telegram?

Hoxe pola tarde saltou a nova: Whatsapp está bloqueando enlaces a Telegram. É un caso de censura?

Se queremos mandar unha mensaxe de Whatsapp na que poñamos telegram.org, telegram.es ou calqueira outra variante, esta ligazón non vai. Polo tanto se queremos recomendar a unha amiga que use estoutra app de mensaxería, Whatsapp pono un pouco difícil pois non permite abrir o link. Pero os problemas non rematan acó, se non que non podemos compartir a mensaxe enviada, como vedes na captura:

Screenshot_2015-11-30-17-53-28

Screenshot_2015-11-30-17-53-33

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nun primeiro momento todo apuntaba a un xesto feo pola parte de Whatsapp pero non era censura nin nada semellante. O que ocorreu, segundo Whatsapp, é que Telegram empregou bots automáticos para espallar mensaxes polo Whatsapp polo que a empresa viuse na obriga de bloquear todas as URLs relacionadas con Telegram. Terá algo que dicir Telegram?

Sobre o autor

Reply