SPC lanza un novo smartwatch, desta vez circular: Smartee Watch Circle

Hai unhas semanas SPC anunciou o lanzamento de dous smartwatches, ao que hoxe se suma un terceiro, o Smartee Watch Circle, que a diferenza dos anteriores destaca por incorporar unha caixa circular.

As súas funcionalidades son as habituais que ofrecen este tipo de dispositivos: dar acceso desde o pulso a todas as notificacións do móbil, como correos electrónicos, mensaxes de WhatsApp ou das redes sociais (Twitter, Facebook…), así como rexeitar chamadas se non nos vai ben (ou non nos apetece collelas).

spc smartee circle - 2

En canto a hardware, a súa caixa circular integra unha pantalla IPS de 42 mm que se activa xirando o pulso. e a conectividade faise a través do Bluetooth. Non trascenderon as especificacións técnicas do procesador, RAM ou memoria interna, pero imaxinamos que serán modestos, pois este tipo de produtos tampouco precisan moito para traballar correctamente.

O Smartee Watch Circle é compatíbel tanto cos smartphones Android como os que usan iOS. Está dispoñíbel en negro ou ouro rosa e conta diversas opcións de pulseira (pel auténtica en tons pastel ou poliuretano en cores flúor), aínda que tamén admite calquera pasador tradicional, xa que son intercambiábeis. Pódese adquirir por 129,99 €.

Sobre o autor

Reply