Screen Fusión, o televisor de Movistar con decodificador integrado dispoñíbel o día 14

Quen ten contratados servizos de Internet e televisión ten que convivir co router e cun decodificador por cada televisor, co que acabamos tendo a casa chea de trebellos que ocupan espazo e acumulan pó. De aí xorde a idea de Movistar de comercializar diversos modelos de televisores que xa integran o decodificador.

Segundo anunciou a compañía, será o 14 de decembro cando se poña en marcha o programa Screen Fusión, que porá a disposición da clientela dous modelos, de 32 ou 40 polgadas respectivamente, de tal xeito que cadaquén pode escoller o(s) modelo(s) que máis lle conveña.

Aproveitando a campaña de Nadal, as persoas que contraten Movistar Fusión+ Fibra 300 MB co paquete Premium de televisión xa poderán escoller entre o decodificador tradicional ou unha televisión co desco integrado de 32 polgadas sen custe, mentres que quen prefira o de 40 polgadas deberá aboar 120 euros. Os clientes actuais de Movistar que soliciten ou teñan xa Fusión+ Fibra 300 Mb co paquete Premium terán que pagar pola TV 50 €, caso das 32 polgadas, ou 170 €, para o modelo de 40.

En calquera caso, non se contemplan permanencias nin compromiso algún, pero se se dá de baixa hai que devolver o trebello a Movistar sen ningún tipo de penalización. O decodificador que integra é unicamente compatíbel con Movistar+ e se configura conectándose ao router WiFi ou ao equipo integrado de fibra instalado no domicilio.

Sobre o autor

Reply