One Plus vai eliminando o sistema de convite para mercar os seus terminais
Desde a media noite de hoxe e para sempre, poderemos mercar o One Plus 2 sen precisar dun convite doutro usuario. Ademáis, tamén podemos mercar o One Plus X sen convite pero só até o día 7 de decembro para logo voltar ao polémico sistema de compra.
Ademáis, a empresa informa que se queredes mercar un dos seus terminais e que chegue para o Nadal debedes facer as vosas encargas tendo como límite o 7 de decembro, se o facedes despois non chegará para esa data.
Andy Rubin interesado en crear un fabricante Android
O creador de Android, Andy Rubin ven de anunciar esta semana a intención de crear un fabricante propio que terá como función principal desenvolver productos relacionado co “internet das cousas”; xa non só temos móbiles, tablets ou smartwatches Android, tamén están chegando outros trebellos coma televisións, coches,.. e moitas outras cousas que acabarán presentes no noso día a día sen que nos decatemos.
É por isto, polo que Rubin está a pensar en montar unha fábrica que traballe da man de Google e xuntos desenvolver calquera tipo de producto, iso sí, sempre con Android no seu interior.
Xa está listo Windows 10 para o Xiaomi Mi4
Desde este xoves, e polo de agora só na China, o Mi4 de Xiaomi pódemolo atopar tanto con Android coa capa de personalización Miui coma outra versión que corre con Windows 10, froito da alianza entre Microsoft e Xiaomi feita pública fai uns meses.
Ademáis non será o único dispositivo de Xiaomi en será compatíbel con Windows 10, pois estes días tamén soubemos que no futuro, o Xiaomi Mi Pad 2 poderá funcionar coa última versión do sistema operativo de Microsoft.
Samsung fai cambios na súa equipa directiva
Esta semana tivemos coñecemento dos cambios dentro de Samsung. Logo dun ano malo en canto a ventas ao non acadar os obxectivos marcados, a empresa decidiu facer cambios na división móbil e desde agora D.J. Kohm, será o que tomará as decisións, aínda que manterán a J.K. Shin coma presidente da división tendo coma nova función marcar o camiño da división a longo prazo.
Estes cambios poder ser debidos aos malos resultados acadados primeiro polo Galaxy S5 e logo da mala acollida dos S6 e S6 Edge durante o primeiro trimestre logo do lanzamento, pois os beneficios caeron un 38% o que leva á empresa a rematar o ano con pérdidas.
Xa están con nós os terminais resistentes ao xabón
https://www.youtube.com/watch?v=Vc6eNqoLeQs
Kyocera ven de presentar no Xapón un terminal chamado Digno Rafre que ademáis de ser resistente á agua, tamén o podemos lavar con xabón e deste xeito eliminar as bacterias que van collendo os nosos smartphones no día a día. Ademáis este terminal, incorpora unha pantalla que se pode usar mesmo cando está mollada ademáis de contar sus sistema que autorepara pequenas rabuñaduras ao máis puro estilo LG.
É un terminal que polo de agora só o atopamos no mercado nipón e non sabemos se chegará a outros e que ao cambio ronda o 440€.