A Pixel C de Google xa á venda desde 499 €

En setembro Google anunciou a Píxel C, unha tablet que está pensada para ser empregada cun teclado accesorio, de tal maneira que nos permite prescindir do ordenador en moitos supostos. A piques de comezar coa campaña de Nadal, Google vén de anunciar a súa posta á venda a través da Google Store.

O modelo de 32 GB custa 499 €, mentres que a de 64 GB ascende aos 599 €. Iso si, o teclado haino que mercar á parte por 169 € adicionais. Así que o conxunto de tablet + teclado quédanos en 668 € (32 GB) ou 768 € (64 GB).

Centrándonos nas súas especificacións técnicas, o Pixel C integra unha pantalla de 10,2 polgadas con resolución 2560 x 1800, cun brillo de 500 nits. O seu procesador é un SoC Tegra X1 con GPU de arquitectura Maxwell. Ten 3 GB de memoria RAM, 32 / 64 GB de memoria interna, 9000 mAh de batería e Android 6.0 Marshmallow.

Que vos parece? Gústavos o seu deseño?

Sobre o autor

Reply