Mininovas Android: a malla da semana

Chrome xa permite navegar de xeito seguro desde os nosos Android

google chrome

Google vén de activar por defecto a navegación segura en Chrome na súa app para Android. Desde agora, estaremos máis protexidos daquelas webs fraudulentas que nos queren roubar datos persoais ou contrasinais (phishing).

Iso sí, lembrade ter actualizadas tanto a Google Play (v.8.1 ou superior) e Chrome (v.46 ou susperior).

Europa vai contra Facebook pola recopilación de datos sen permiso

facebook breakup relationships

As cousas estanse a pór no seu sitio, ou que se cadra xa tiña que pasar hai moito tempo. No mes de novembro, Facebook foi obrigado por un xulgado belga a deixar de recoller sen permiso datos das usuarias non rexistradas. Logo desa sentenza, Facebook ten que pedir o consentimento dun xeito claro a todas as usuarias de que se van recoller eses datos. Pois ben, esta é a sentenza da que parten as autoridades de protección de datos, para que sexa aplicábel ao resto de territorios dentro da UE.

Mentres tanto, Facebook está agardando o resultado dos recursos interpostos, pero xa anunciou que se se ve na obriga de non poder recoller datos de usuarias non rexistradas, bloquearan o acceso á súa web a este tipo de usuarias.

Xa están con nós os HD de 10 TB!

western digital

Western Digital vén de facer oficial o primeiro disco duro de 10 TB. Este HD funciona a 7200 rpm e ademáis conta co menor consumo de enerxía por terabyte. Atopamos dous modelos, un con conectividade SATA e outro SAS cun buffer de 256 MB e unha velocidade de transferencia de 225 MB/seg.

Polo de agora non se ofrece a particulares e só está dispoñíbel para os centros de datos das empresas. Non coñecemos o seu p.v.p. pero rumoréase que pode custar ao redor de 800$.

Google Fotos achéganos os albumes colaborativos

Coa recente actualización da app de Google, xa podemos compartir albumes compostos por fotos de varias persoas. Até o de agora só os podiamos compartir se toda as fotos eran nosas, pero isto por sorte rematou. Ademáis o proceso é tan sinxelo como vemos no vídeo.

Twitter mete (máis) anuncios entre tweets

twitter-logo

Desta volta o obxectivo de Twitter son as usuarias non rexistradas na plataforma. Lembremos que calquera pode acceder a Twitter e ver o que ocorre, pero ao non estar estas logueados, non poderemos interactuar.

Pois ben, este tipo de usuarias non lles reportaba ningún beneficio económico a Twitter pois a elas non lles aparecen tweets patrocinados. A esta situación Twitter vaille por solución e comezará nalgúns países a colocar este tipo de tweets tamén ás usuarias non rexistradas e imaxinamos que pouco a pouco chegará a todos.

Sobre o autor

Reply