Estamos na recta final dunha campaña que remata este venres, como paso previo á celebración este domingo das Eleccións Xerais. Para todas aquelas que estades interesadas en seguir o proceso minuto a minuto compartimos con vós Elecciones 20D, a aplicación que o xornal El Confidencial preparou para seguir o día día das eleccións.
Con esta app teremos información en tempo real do reconto o mesmo 20D, ademáis de contar cun sistema de notificacións personalizábeis para estar ao día das novas relacionadas con algúns dos partidos que se presentan, e mesmo alertas de como avanza o escrutinio.
Ademáis a aplicación conta cun test que, segundo as nosas respostas, nos dirá con que político temos máis afinidade. Este test está baseado en afirmacións que fixeron as candidatas e cando concordamos con elas, sumaremos 1 punto. Ao rematalo, veremos con quen compartimos máis ideas.
Nesta ligazón á Play Store, podedes descargar de balde a aplicación.