Un drone caza-drones? Pois si, xa está inventado

Pois si amigas, desde Xapón chega este invento: un drone para cazar outros drones que percorren áreas non permitidas. A policía xaponesa conta con 10 hexacópteros que son quen manexar unha unha enorme rede atrapadrones de 2×3 metros. Sen dúbida algo tan sinxelo como isto funciona, tal e como vemos no seguinte e vídeo:

O que nos pode parecer unha idea un pouco tola ten todo o senso en Xapón pois este mesmo ano, aterrou un drone cargado de material radiactivo no edificio de oficinas do primeiro ministro, Shinzō Abe.

Ademáis o proxecto aínda está en probas, pero se todo vai como agardan a partires de febreiro estes drones pasarán a protexer edificios sensíbeis como pode ser o Palacio Imperial ou como xa vos adiantamos a oficina do primeiro ministro. Se nos poñemos a pensar no que levamos vivindo nos últimos anos, quen nos garante que alguén non vaia tentar facer un ataque cunha bomba pendurada dun drone?

Sobre o autor

Reply