Vodafone propón regalar gigas por Nadal

Curiosa campaña de Vodafone para este Nadal. Ademais da promoción Re-estrena da que vos falamos hai uns días, a compañía británica vén de habilitar unha segunda promo co gallo destas datas, #RegalaGB, grazas á cal as usuarias poderán regalar 1 GB de datos a outros clientes e disfrutar de 1 GB adicional para elas mesmas por 2 €.

É dicir, gastando 2 € poderemos ter 1 GB de datos extra á vez que regalaremos 1 GB a quen queiramos, aínda que hai un límite de 5 “packs” de gigas de regalo por cliente. Iso si, poderemos disfrutar sen límites dos gigas que nos regalen.

Esta promoción poderase activar até o 7 de xaneiro, pero poderemos disfrutar dos gigas acumulados até o 31 de xaneiro. Pódese activar marcando o *555# e a tecla de chaamda ou no teléfono 22123. Porén, se solicitamos a promo a través da aplicación Mi Vodafone ou desde o portál móbil m.vodafone.es obteremos 1,5 GB no canto de 1 GB para nós mesmas.

Sobre o autor

Reply