Moovit, a app que mellora o transporte urbano na comarca de Ferrolterra

Xa está dispoñíbel Moovit, unha aplicación imprescindíbel para as usuarias que empregan o transporte público na comarca de Ferrolterra.

Con esta nova app, poderemos saber os horarios das liñas de autobús, cales son as rutas, cal é o número de paradas e o tempo estimado que tardamos en chegar a cada unha delas,… E moitas outras opcións que nos aporta unha cantidade importante de información sobre a viaxe.

moovit ferrol 02

Ademáis para o primeiro trimestre do vindeiro ano, incorporarase un GPS nos autobuses, grazas ao cal teremos información a tempo real de cando pasen os buses polas paradas, cambios de horarios ou reforzos puntuais por calquera necesidade de ampliar a capacidade.

A día de hoxe só participan no proxecto tanto Tranvías de Ferrol, coma Feve e Monbus, pero estase tentando que Arriva tamén se vencelle á iniciativa, co obxecto de mellorar o día a día das usuarias do servizo.

moovit ferrol 03

Agora só queda comezar a empregar a app e se algo non funciona ben ou temos algunha suxerencia que facer, podemos realizala desde a mesma aplicación , como vemos na captura:

moovit ferrol 04

Se estades interesadas nesta app, podedes descargala desde a Play Store premendo nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply