LG vén de anunciar en Corea o lanzamento dunha nova tablet, a LG G Pad II 8.3 LTE, unha actualización da súa tablet estrela que desta vez inclúe un stylus que facilita a introdución de texto ao tomar notas, ademais de conexión LTE de serie.
Polo demais, poucos cambios de deseño e de especificacións técnicas, máis aló dunha pequena actualización do hardware. Tamén cómpre destacar que inclúe as aplicacións de Microsoft Office preinstaladas, o que vén a confirmar que pensaron nun dispositivo que sirva para traballar.
Estas son as súas características técnicas:
- Pantalla IPS de 8,3 polgadas con resolución 1920 x 1200
- Procesdor Qualcomm Snapdragon 615 (octa core)
- 2 GB de RAM
- 16 GB de memoria interna (ampliábeis con microSD de até 128 GB)
- Cámaras de 8 e 2 megapíxeles
- LTE, Bluetooth 4.1
- Batería de 4800 mAh
- Android 5.1.1 (Lollipop)
O trebello porase á venda mañá en Corea, pero polo de agora non se coñece a data na que chegará ao noso mercado; todo apunta a que teremos que agardar ao primeiro trimestre do ano.