A Nexus 7 podémola reciclar coma centro multimedia no noso coche
No seguinte vídeo podedes ver como darlle un novo uso unha Nexus 7 dun xeito moi sinxelo. A instalación neste BMW non ten moita dificultade e como particularidade, destacar que sobre a Nexus corre unha ROM chamada AutoDroid (baseada en Slimkat) que conta cunha interface moito máis axeitada para usar nun coche.
E que, animádesvos a por en práctica esta solución nos vosos coches?
Cortana para Android, xa non nos escoita
Microsoft decidiu eliminar o “Hey cortana” polos problemas relacionados con Google Now e o micrófono nos terminais Android. Se o recoñecemento de voz non funciona, teremos que interactuar xa non coa voz se non que temos que usar o widget, o que non é o ideal deste tipo de asistentes.
Os problemas son tan graves, que algunhas usuarias reportaron que se dicimos “Hey Cortana”, Google Now pode chegar a deixar de funcionar. Imaxinamos que esta desactivación é só temporal até que a xente de Microsoft, atope unha solución.
Google e Ford xuntos para lanzar un coche autónomo?
Rumores coñecidos esta semana, apuntan a que tanto Google e Ford (ambos os dous ben posicionados na carrerira dos coches autónomos) poderían estar preto de aliarse para desenvolver e presentar no mercado un coche autónomo. O rumor é tan forte, que todo apunta a que no vindeiro CES de Las Vegas van facer o anuncio oficial.
Agardaremos logo a este imporatante evento para comprobar se este rumor é certo e a ver cales son as condicións do acordo.
YouTube entra en guerra con T-Mobile
Youtube acusa á operadora de degradar o calidade dos vídeos de Youtube de xeito intencionado. Todo comeza cando T-Mobile lanza o seu servizo Binge ON polo cal as seas clientas poden desfrutar sen límite de contido en streaming, iso si, a 480p.
Youtube quedaba fora do proxecto, polo que as clientas de T-Mobile, poderían ver a os vídeos na calidade que lles apetecese, pero Youtube vén de detectar que non é así, e tamén están limitando a calidade dos seus vídeos.
Agora todo queda en mans do regulador americano para que aclare o asunto, pois neste paós están moi preocupados (polo menos de xeito público) por manter a neutralidade na rede.
Este foi o vídeo co que Tesla nos felicitou o Nadal
https://www.youtube.com/watch?v=PPQ67VVpsZs
O modelo elixido pola empresa foi o novo SUV co que xogaron até acadar o resultado vídeo, abren as portas simulando a cornamenta dun reno de Papá Noel ademáis de acender e apagar as luces ao ritmo dá música. Na nosa opinión, un video orixinal que quixemos compartir con vós.