Energy Tablet 8” Windows LEGO Edition, con contido exclusivo de LEGO

Energy Sistem vén de anunciar unha nova tablet, a Energy Tablet 8” Windows LEGO Edition, con Windows 10 e contido exclusivo de LEGO, pensando nas máis pequenas da casa.

energy sistem lego - 1

A tablet incorpora unha pantalla IPS de 8 polgadas con resolución 800 x 1280 píxeles, e no seu interior integra un procesador Intel Atom Z3735F de 1,83 GHz. Dispón de 1 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, que poden ser ampliados mediante microSD de até 128 GB. As cámaras, frontal e traseira, son de 2 megapíxeles, e a batería de 4000 mAh.

No que ten a ver co software, vén con Windows 10, que funciona bastante ben en produtos cun hardware medio. Ademais dispón de contido exclusivo de LEGO City e LEGO Friends, que inclúe actividades, vídeos, imaxes e cancións.

Outro dos seus atractivos é o seu prezo, pois só custa 109 €, unha cantidade moi axustada para un produto destas características. Pódese mercar en Carrefour ou a través da tenda en liña da compañía.

Sobre o autor

Reply