King Advisor, a app para indicarlles aos Reis Magos como se comportaron as pequenas da casa

En apenas tres días Melchor, Gaspar e Baltasar farán aparición polas nosas casas, deixando agasallos ou carbón (no peor dos casos, nada), dependendo de como nos teñamos portado. Froito da modernización tecnolóxica que está a vivir Oriente, este ano as Súas Maxestades veñen de pór en marcha unha nova aplicación para medir como de ben (ou como de mal) se portaron as pequenas da casa.

A aplicación serve para que nais e pais poidan facer de chivatos axudantes dos Reis Magos, puntuando o comportamento das pícaras. Segundo isto, as pequenas serán clasificadas como anacos de pan, soletes, moi guais, regulín-regulán, trastos, terremotos ou, directamente, destroyers.

Feito isto, a propia app dirá se merecen xoguetes ou carbón, e logo enviaralle a información aos móbiles das Súas Maxestades (os tres son moi fans de Android, por certo). En calquera caso, eles terán a última palabra, polo que cómpre portarse ben até o final, non vaia ser o demo 😉

A aplicación é gratuíta, e pódese descargar desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply