Samsung ten novo frigorífico intelixente, un electrodoméstico que vai máis aló de manter refrixerados os alimentos nas nosas casas. A diferenza doutros modelos da compañía (ou da competencia), este en concreto destaca por ter na porta unha gran pantalla que corre Android, non sabemos se unha versión semellante á dos teléfonos e tablets ou algo cunha interfaz diferenciadora.
O que está claro é que Samsung fixo unha chiscadela importante a Android, incluíndo os clásicos botóns de Android (menú, atrás e inicio). Ademais tamén dispón de micrófono que podemos activar / desactivar, seguramente para todo o que ten a ver cos comandos de voz.
Termos electrodomésticos conectados á rede (e conectados entre si) pode facilitarnos enormemente a vida. No caso dos frigoríficos, xa non só é que teñan unha pantalla a través da cal podemos acceder, por exemplo, a receitas de cociña, senón que tamén poden levar conta do que imos consumindo, para que nos sexa máis doado facer a lista da compra. E se nos apurades, mesmo comprar desde a propia neveira 😉
Descoñécese polo de agora o seu prezo e dispoñibilidade, mais nós xa andamos buscando onde facerlle un sitio no noso HQ!
Unha cousiña… como se pon esa pantalla en “landscape” para xogar ó Angry Birds??
Ten que quedar MOI ben xirada xD