Ulefone Power: 5,5 polgadas e unha batería de 6050 mAh

Os parámetros de deseño actuais lévannos a dispositivos cada vez máis lixeiros e delgados, o que deriva en smartphones con batería axustada que, como moito, permítennos rematar o día. Con todo, hai que recoñecer os avances nos sistemas de carga rápida, que nos permiten darlle un chute de enerxía extra aos nosos teléfonos en poucos minutos.

Problemas de autonomía parece que non terá o novo Ulefone Power, un terminal que fai da súa batería bandeira. Non é para menos, pois con 6050 mAh de capacidade pode ofrecer dous días de autonomía a pleno rendemento sen medo a deixarnos tirado. Pero ademais, tamén dispón de carga rápida (que nos permite cargar o 100% da capacidade en pouco máis de 2 horas) e un sistema de aforro de enerxía, para extender o tempo de vida neses momentos nos que non temos un cargador a man.

ulefone power - 1

O trebello incorpora unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución 1080p, e no seu interior vén equipado cun procesador MediaTek MTK6753, de oito núcleos e arquitectura de 64 bits. Está acompañado de 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, que poden ser ampliádos mediante tarxetas microSD de até 128 GB. Iso si, hai que ter en conta que o espazo no que vai a tarxeta microSD é o mesmo ca o da segunda tarxeta SIM, non podendo ter ao mesmo tempo a segunda SIM e a microSD.

ulefone power - 2

A cámara principal conta cun sensor Sony IMX214 de 13 megapíxeles e flash LED, mentres que a frontal é unha OmniVision OV5648 de 5 megapíxeles. Tamén dispón de porto de infravermellos e escáner de pegadas dixitais (situado na parte traseira), e vén con Android 5.1, aínda que será actualizado a Marshmallo (Android 6.0).

Os marcos son metálicos, e está dispoñíbel en tres acabados: azul, branco e branco con carcasa traseira de madeira, que seguramente é o máis orixinal de todos. Pódese mercar en diversas tendas en liña por 190 €.

Sobre o autor

Reply