Honor 5X, o novo smartphone da filial de Huawei

Honor, a “marca B” de Huawei, anunciou onte no CES 2016 un novo smartphone, o Honor 5X, un dispositivo que se suma ao seu portfolio de dispositivos de gama media, con prestacións máis que aceptábeis e un prezo por baixo dos 200 €, que os fai moi atractivos para as usuarias cun perfil medio.

O Honor 5X é un dispositivo de pantalla grande, pois incorpora un panel LCD de 5,5 polgadas con resolución 1920 x 1080. Dálle vida un procesador Qualcomm Snapdragon 615, un dos máis habituais firmados por esta compañía estadounidense, con oito núcleos a 1,5 GHz. Ten 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD en 128 GB extra.

No apartado multimedia, a cámara principal é de 13 megapíxeles, cunha apertura f/2.0, mentres que no caso da frontal optaron por un modelo de 5 megapíxeles con apertura f/2.4. Ademais, ten NFC e lector de pegadas dixitais, batería de 3000 mAh e é compatíbel coas redes 4G – LTE.

Polo de agora descoñécese a data na que será posto á venda pero, como diciamos ao comezo, custará menos de 200 euros.

Sobre o autor

No Responses

Reply