LG K7 e LG K10, os novos gamas medias de LG

Ademais de renovar as súas teles e electrodomésticos, no que ten a ver coa telefonía móbil LG comeza o ano anunciando no CES terminais de gama media, os novos LG K7 e LG K10, dous dispositivos inauguran unha nova liña de produto do fabricante surcoreano, a serie K.

A estas alturas a competencia na gama media é tal que os fabricantes teñen que apostar pola diferenciación, e no caso de LG faino apostando por deseños de apariencia premium e elementos novidosos, como a presenza de flash na cámara dianteira.

O LG K7 incorpora unha pantalla de 5 polgadas e calidade FWVGA. No seu interior integra un procesador de catro núcleos a 1,1 ou 1,3 GHz, 1,5 ou 1 GB de memoria RAM e 8 ou 16 GB de memoria interna. As variacións dependen da versión concreta que se poida vender nunha ou noutra zona do planeta, o mesmo que acontece coa cámara principal, que pode  ser de 8 ou 5 megapíxeles; a frontal, en todo caso, é de 5 megapíxeles. A súa batería é de 2125 mAh e estará dispoñíbel en branco, negro e dourado.

lg k10

Pola súa banda, o LG K10 é un dispositivo máis aspiracional. Ten unha pantalla de 5,3 polgadas e resolución 720p e a súa batería queda nos 2300 mAh, mais o resto de especificacións dependerán do modelo concreto:

  • Procesador:
    • LTE: 4 núcleos a 1,3 GHz
    • LTE: 8 núcleos a 1,14 GHz
    • 3G: 4 núcleos a 1,3 GHz
  • RAM: 2, 1,5 ou 1 GB
  • Memoria interna: 8 ou 16 GB
  • Cámaras
    • LTE: principal de 13 megapíxeles e frontal de 8 ou 5 megapíxeles
    • 3G: principal de 8 megapíxeles e traseira de 8 ou 5 megapíxeles

Estará dispoñíbel en branco, índigo e dourado.

Como comentabamos, a cada mercado chegará un modelo concreto de cada un dos novos teléfonos, mais polo de agora LG non confirmou cales serán os que se poñan á venda no noso país. Ambos os dous veñen con Android 5.1, seguramente non actualizábel a próximas versións de Android.

Sobre o autor

No Responses

Reply