Pasaron dous anos desde que Lenovo mercou a Google a mítica marca Motorola, unha das compañías pioneiras na telefonía móbil, e responsábel de trebellos como o DynaTac. Anteriormente fora Google quen tomara os mandos da marca impoñéndolle o apelido “a Google company”, un breve amorío do que naceu o exitoso Moto G, o primeiro “Nexus” económico.
Lenovo conservou durante este tempo a marca Motorola, pero hoxe o seu CEO, Rick Osterloh, confirmou hoxe no CES que a eliminación da marca é un feito, e que progresivamente irán borrando o nome de todos os produtos, para quedarse unicamente co diminutivo “Moto”, concretamente “Moto by Lenovo”.
A xustificación para este cambio vén producido polo nome dos propios produtos da compañía (pensemos no Moto G ou Moto 360, por exemplo), que fai que, cunha importante estratexia e márketing detrás, todas vaiamos borrando a marca da nosa cabeza.
Ponse así fin a unha das marcas máis icónicas da historia da telefonía móbil. Os intereses económicos, unha vez máis, acaban con calquera valor sentimental que poidamos ter para un nome. Triste, ou?