Huawei ten novo trebello, unha tablet que vén de ser presentada en Las Vegas e que lembra bastante a liña que está a seguir Samsung nas súas, sobre todo pola presenza do botón central de inicio na parte dianteira do dispositivo. Falamos da Huawei MediaPad 10 M2.
Trátase dunha tablet con pantalla IPS de 10 polgadas e resolución FullHD, que vén equipada cun dos procesadores da compañía, eliminando así a depedencia de terceiros, concretametne o Kirin HiSilicon 930, a 2 GHz. Ten 2 ou 3 GB de memoria RAM e 16 ou 64 GB de memoria interna, dependendo das versións. En calquera caso, admite tarxetas microSD para aumentar esta capacidade.
A batería é de 6600 mAh e as cámaras de 13 e 5 megapíxeles, para principal e frontal respectivamente. Seguindo coa parte multimedia, integra uns altofalantes Harman Kardon que prometen boa calidade de son. En canto a sofware, sairá á venda con Android 5.1 (Lollipop) e a capa de personalización EMUI 3.1.
A MediaPad 10 M2 estará dispoñíbel a partir do 17 de xaneiro por uns 350 euros na versión de 2-16 GB e sobre 450 € a de 3-64 GB. Ademais, esta última virá cun stylus para sacarlle máis partido ao dispositivo.