TP-LINK é unha empresa que moitas de nós coñecemos polos seus produtos de acceso a rede local. Agora, a compañía con sede na China vén de anunciar no CES de Las Vegas o lanzamento da súa primeira liña de smartphones, a serie TP-LINK Neffos, tres termianis provistos de Android.
Son un total de tres terminais de diferentes prestacións, adaptándose a diferentes necesidades das consumidoras, comezando por un modelo moi sinxelo de 4,5 polgadas até o máis avanzado, con 5,5 cunha resolución moito maior. No seguinte cadro pódense comparar as características de todos eles:
Neffos C5L | Neffos C5 | Neffos C5Max | |
Pantalla / ppp | 4,5 / 217,7 | 5 / 293,7 | 5,5 / 403,4 |
Procesador | Qualcomm Cortex A7 a 1,1 GHz | MediaTek MT6735 4x Cortex-A53 1.3GHz | MediaTek MT6753 8x Cortex-A53 1.3 GHz |
RAM | 1 GB | 2 GB | 2 GB |
Memoria | 8 GB + microSD 32 GB | 16 GB + microSD 32 GB | 16 GB + microSD 32 GB |
Cámaras | 2 Mpx / 5 Mpx | 5 Mpx / 8 Mpx | 5 Mpx / 13 Mpx |
Batería | 2000 mAh | 2200 mAh | 3045 mAh |
Comparten un deseño semellante e veñen equipados con dobre slot para tarxetas SIM, co que poderemos empregar dúas liñas a un tempo, admitindo ambas conexións até 4G LTE Cat4 (até 150 Mbps). Así mesmo, empregan Android 5.1 – Lollipop, sen indicar se serán actualizados a próximas versións, como a 6.0 Marshmallow.
No caso do C5Max o fabricante destaca as capacidades da súa cámara, que integra 30 filtos artísticos cos que se poderán sacar fotos máis creativas.
Agora quédanos agardar para saber o prezo ao que se porán á venda e a súa dispoñibilidade, aínda que imaxinamos que desde aquí só os poderemos mercar por Internet. Que vos parecen?