LG Lucky, o smartphone dos 10 dólares

Unha cadea de tendas americana, Walmart, vén de pór á venda un teléfono LG por algo menos de 10 dólares. Falamos do LG Lucky, un trebello que, como podemos imaxinar polo seu prezo, ten unhas prestacións moi modestas.

A súa pantalla é de 3,8 polgadas, bastante lonxe das 5 habituais nos dispositivos de hoxe en día. No seu interior ten un procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 512 MB  de memoria RAM e 4 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 32 GB (vén cunha de 4 GB xa incluída).

lg lucky - 2

A cámara é de 3 megapíxeles (carece de cámara frontal) e a batería de 1540 mAh de capacidade. Vén con Android 4.4 (KitKat) e acceso a Google Play para poder descargármonos aplicacións, aínda que estaremos bastante limitados pola memoria interna.

Para un uso como teléfono principal no noso día a día un trebello coma este queda bastante curto, mais pode facer avío para xente que só quere chamar e mandar WhatsApps, para viaxes ou para sacarnos dun apuro se quedamos sen teléfono, a modo de trebello “de usar e tirar”. Que pensades vós?

Sobre o autor

3 Comments

  1. Eu 12 Xaneiro, 2016 Responder
    • Iago Varela Martínez 12 Xaneiro, 2016 Responder

Reply