Movistar inicia o apagado das centrais de cobre en Santiago

As redes de cobre tenden a desaparecer co chamado apagado analóxico, que Movistar ten previsto iniciar en Santiago de Compostela. Concretamente será a central de Piñeiro, que dá servizo a preto de 500 unidades inmobiliaras, a primeira en ser apagada.

Desde finais do mes de outubro Movistar deixará de prestar servivos de comunicacións fixas sobre a rede de cobre ás vivendas e locais que dependen desa central, como consecuencia da sustitución da rede pola fibra óptica até o fogar, que ofrece mellores prestacións.

Segundo informan desde Movistar, as clientas afectados polo peche desta central deberán proceder ao cambio á fibra antes de outubro de 2016, algo que poden facer chamando ao 1004 (900 10 10 10, caso das autónomas) ou achegándose a unha tenda.

Neste momento arredor de 57.000 vivendas e locais de Santiago de Compostela xa teñen acceso á rede de fibra óptica de Movistar, cunha oferta comercial de 300 / 30 Mbps.

Sobre o autor

Reply