Xa hai datas para o Google I/O 2016: 18, 19 e 20 de maio

Xa hai datas para o Google I/O 2016. O evento para desenvolvedoras de Google celebrarase os días 18, 19 e 20 de maio, tal e como anunciou a través da súa conta de Twitter o CEO da compañía, Sundar Pichai.

Tratarase ademais dunha edición moi especial, xa que se cumpren 10 anos de Google Plex, polo que desde Google decidiron facer algo diferente e mover o evento desde o Moscone Center ao “vecindario”, é dicir, a Mountain View, onde “comezou todo”.

Imaxinamos que aínda faltan algunhas semanas para que Google lance a web e a aplicación, xunto coas confirmacións das primeiras conferencias e obradoiros. E, xunto a elas, chegará tamén todo o ruxe-ruxe de rumores sobre que presentará Google, que en certa maneira tamén forma parte da “chicha” do evento.

Sobre o autor

Reply