Logo das festas nas que sempre nos pasamos comendo, petiscando e volvendo comer, estivemos probando unha app para controlar tanto o exercicio que facemos coma os alimentos que comemos dun xeito sinxelo e analizar así volver ao noso peso ideal, sempre que o desexemos. Esta aplicación chámase Fat Secret.
O primeiro que quere a app é coñecernos un pouco. Deste xeito temos que dicirlle se queremos aumentar, manter ou reducir o noso peso, o sexo da persoa, que tipo de actividade física realizamos a cotío, peso actual, altura e idade.
Unha vez que fixemos esta configuración, na app vemos unha táboa en blanco que nos propón unha inxesta máxima de calorías. O que nos temos que facer é ir introducindo os alimentos que imos consumindo ou o exercicio que facemos ao longo do día. Con estes datos, a app fai unha estimación das calorias que consumimos e queimamos e se imos no bo camiño para acadar o obxectivo do que vos falabamos antes: aumentar, manter ou reducir o peso.
Ademáis disto, Fat Secret conta cunha gran cantidade de opcións coas que facer un seguemento dos nosos progresos, tal e como vemos na seguinte captura. Ademáis até temos unha opción de receitas para aprender ou mellorar na cociña.
Como punto a favor, destacamos que Fat Secret conta cunha base de datos de alimentos que podemos atopar no noso supermercado habitual para así facer estimacións máis precisas sobre as calorías que consumimos.
Se pensades que vos pode interesar esta app, podedes descargala de balde nesta ligazón á Play Store.
Nota: Tede en conta que os datos de Fat Secret deben ser tomados coma unha orientación e nunca facer unha dieta pola vosa conta. Acudide sempre a unha profesional.