Mininovas Android: a malla da semana

O Nexus 5X baixa o seu prezo

nexus 5x - 2

Esta semana vimos como un dos novos Nexus, o Nexus 5X baixaba o seu prezo na Play Store até os 429€. Un rebaixa significativa de 50€ pasado pouco tempo desde o seu lanzamento. Agora falta por ver se ao seu irmán maior, o 6P tamén lle aplican unha rebaixa nos vindeiros días.

Eric Schmidt visitará o Vaticano durante 15 minutos

vaticano google

Unha das novas da semana, por pouco usual, foi o convite que lle fixo o Papa Francisco a Eric Schmidt, o presidente de Alphabet. A reunión terá carácter privado e durará arredor dos 15 minutos. A día de hoxe, os detalles do encontro non se coñecen. Supoñemos que para Eric Schmidt é deses convites que non se poden rexeitar 😉

Foursquare xa ten novo CEO

novo foursquare

Esta semana producíronse cambios na cúpula de Foursquare e o carismático Dennis Crowley deixa de ser o CEO da compañía sendo sustituído por Jeff Glueck. Vencellado a este importante cambio, a empresa consegue nunha ronda de financiamento, 45 millóns de dólares aínda así a valoración da empresa redúcese até os 325 millóns de dólares (a metade respecto de 2013).

Veremos o que acontece con Foursquare nesta nova etapa.

A Wikipedia xa ten 15 anos

wikipedia 2001

Foi aló polo 15 de xaneiro de 2001 cando nacía a biblia das consultas rápidas (ou non tan rápidas). Un proxecto radicalmente alonxado dos paradigmas máis tradicionais: facer cartos. Se cadra, unha das chaves do seu éxito é precisamente esta, unha visión nada comercial.

Pola nosa parte, só podemos desexarlles que cumplan moitos máis e agardamos que non se convirta nunha adolescente rabuda 😉

O Goberno de Obama quere invetir 4000 millóns de dólares para encher as rúas de coches autónomos

coche autonomo google

Este programa que pretende extender o uso do coche autónomo, comezaría este mesmo mes de xullo e terá unha duración de 10 anos. Esta aportacións axudarán ás empresas co desenvolvemento e probas dos seus vehículos, e o seu é que chegaran ao mercado a un prezo razonábel para a maioría ao reducir os costes de I+D.

Os EEUU é o primeiro país que se toma en serio esta nova industria que de seguro xenerará moitos postos de traballo de alta cualifiación a curto plazo. Pola contra, outros países andan a velas vir e están perdendo este importante tren.

Sobre o autor

Reply