Orange e Movistar darán voz sobre 4G este ano

Desde o mes de setembro Vodafone ofrece en parte da súa rede VoLTE, é dicir, servizos de chamadas de voz sobre 4G( LTE). Nos lugares onde está dispoñíbel o VoLTE mellora sustancialmente a calidade das chamadas, tanto pola calidade en si como nos tempos, por exemplo, de establecemento, que se reducen notabelmente.

Orange e Movistar, pola contra, carecen deste servizo, polo que o 100% das chamadas que fan os seus clientes estando en zonas de cobertura 4G pasan a realizarse noutras tecnoloxías previas (3G ou 2G). Porén, isto estaría a piques de cambiar, pois ambas compañías teñen previsto comezar a usar o VoLTE este mesmo ano.

No caso de Orange, o conselleiro delegado global da compañía gala anunciou que esta novidade será posta en marcha inminentemente, polo que previsibelmente antes ou durante o Mobile World Congress deberíamos ter novas dela. En Movistar semella que as cousas van ir algo máis despacio, mais en calquera caso sería ao longo do ano.

Ademais das melloras na calidade da voz e no tempo de establecemento (que pasa duns 6-7 segundos a uns 2), o VoLTE tamén axuda a aforrar batería nos nosos trebellos, posto que o cambio de frecuencias para poder establecer unha chamada causa un gasto enerxético maior. Malia todo, na actualidade existen certas limitacións de interoperabilidade entre usuarias de diferentes compañías, polo que volvendo ao caso de Vodafone, único operador co VoLTE activo, as clientas só disfrutan deste servizo cando chaman a outras usuarias de Vodafone e sempre e cando ambas teñan terminais compatíbeis (as gamas altas).

Sobre o autor

Reply