Xiaomi anuncia o Redmi Note 3 Pro

A finais de novembro a chinesa Xiaomi anunciaba o Redmi Note 3, unha nova versión dun dos seus terminais de referencia, que destacaba polos seus acabados metálicos e a incorporación dun lector de pegadas dixitais. Sumándose á moda de facer terminais derivados agora dan a coñecer o Redmi Note 3 Pro.

xiaomi redmi note 3 pro - 2

Este novo modelo integra unha pantalla FullHD de 5,5 polgadas; no seu interior conta cun procesador Snapdragon 650, a evolución na gama media dos procesadores de Qualcomm para este 2016. Está acompañado de 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, aínda que segundo fontes da compañía está prevista unha versión con 3 / 32 GB.

xiaomi redmi note 3 pro - 3

A cámara principal ten un sensor de 16 megapíxeles, con flash dual e sistema de enfoque rápido; no caso da cámara dianteira temos un sensor de 5 megapíxeles. A batería ascende aos 4050 mAh e na parte traseira integra un lector de pegadas dixitais.

Está previsto que saia á venda por 150 euros.

Sobre o autor

Reply