Movistar comeza a cobrar xuros nas subvencións de terminais

Xa pasou bastante tempo desde que Movistar cortou a billa dos terminais gratuítos para instaurar o modelo de subvención, que en maior ou menor medida foi replicado polo resto de operadores. Agora a compañía dirixada por César Alierta vén de dar un paso máis instaurando o cobro de xuros.

Até o de agora Movistar financiaba os terminais sen cobrar xuros ás clientas que facían altas, portabilidades, migracións ou que se sumaban ao plan renove, ao tempo que cobraba unha pequena cantidade extra ás persoas non-clientas. Porén, coa nova política de empresa comezan a cobrar uns xuros do 11,02% TAE para as clientas e do 18,97% TAE para as non clientas.

Desde modo, ademais de ter que asinar un cotnrato de permanencia, mercar un terminal con Movistar comezará a saír bastante máis caro, sobre todo nas gamas altas, onde estas comisións poden supór até 100 €

Sobre o autor

Reply