Samsung e La Caixa veñen de pechar un acordo polo cal as usuarias do banco poderán desfrutar do sistema de pagamento móbil, Samsung Pay. O sistemá xa o está probando un grupo de usuarias do banco e agardan que o poidan empregar todas as que o soliciten antes de rematar o primeiro trimestre do ano.
Para pór en marcha o servizo, La Caixa desenvolveu unha nova app para o terminal prefectamente integrada co sistema de pagos da compañía coreana, e así poder centralizar os nosos pagos no terminal. Temos que ter en conta, que poderemos empregar este sistema só naqueles establecementos que dispoñan da opción de pago contactless, que por sorte a día de hoxe xa está moi extendida.
Samsung Pay é unha das alternativas máis fortes para o sistema de pagamento desenvolto por Google, Android Pay pero aínda así, ten unha eiva importante: só poderemos usar o sistema cun número reducido de terminais como son o, Samsung Galaxy S6, S6 Edge e o S6 Edge+.
Na nosa opinión, e aínda que Samsung Pay vaia por diante en canto a implantación, terá que abrir o seu sistema a máis terminais e principalmente, a máis marcas. Malia todo, é unha boa nova que os novos sistemas de pagamento cheguen e se asenten tal e que como fixeron no seu tempo as tarxetas de débito ou crédito.